Teatro infantil - Jacobo Paz Limia - 書籍 - Createspace Independent Publishing Platf - 9781523214600 - 2016年3月7日
カバー画像とタイトルが一致しない場合、正しいのはタイトルです

Teatro infantil

価格
¥ 3.028
税抜

遠隔倉庫からの取り寄せ

発送予定日 年10月12日 - 年10月28日
Jacobo Paz Limia の新しいリリースのお知らせを受け取る
iMusicのウィッシュリストに追加

まだ評価がありません

Jacobo Paz é un dramaturgo que ultimamente alumea con luz propia, demostrando ás claras que si hai renovación xeracional no teatro galego. (...) En "Teatro infantil" ofrécenos unha mostra da súa produción para rapaces, as obras "Príncipe Lagarto", "Orcavella" e "As horas abertas". Trátase de textos diferentes, inzados das referencias tradicionais da literatura infantil cuxa efectividade é case unha verdade empírica. Jacobo Paz introdúcenos así no mundo dos príncipes e dos demos, dos seres monstruosos de raizame clásica coma Orcavella -hai nela un chocar de ollo á Medusa-, e mais na lenda tradicional de Ana Manana, que tamén tratou no seu momento, e tamén no xénero infantil, Euloxio R. Ruibal. O libro ten dobre valor: é unha lectura deliciosa para os rapaces e tamén debería ser unha inspiración de primeira orde para as compañías na busca dun público hoxe interesante e mañá esencial para soster o teatro galego. Crítica de Inma López Silva. Teatro, fábula e nenos. É case como un triángulo xenérico que facilita a relación entre quen conta e quen le. A colección Caderno de Laiovento tenta acurtar algunhas distancias entre a escrita teatral e os lectores de literatura. Distancias difíciles que, na maior parte dos casos, impiden unha relación habitual e cotián entre o dramaturgo e os lectores. O octavo volume desta colección recolle tres pezas escénicas para nenos, de Jacobo Paz, que, para non confundir a ninguén, leva por título "Teatro infantil". Con certa frescura o autor volve sobre algúns dos tics do xénero: animais, princesas, personaxes da tradición popular, con ese tono entre exótico e recoñecido que gastan todos. Fábulas directas nese temo que todo o mundo xulga como anterior pero que, en realidade, é indeterminado, especialmente vista a importancia que as monarquías conservan na realidade social. Historias co punto de revirado xusto, coa súa pinga de amor e algo de aventura, sorpresas argumentais e maxia. Un conxunto de ingredientes que se consideran típicos dos relatos infantís e que levan poboando un certo mundo mítico que desaparece coa chegada a adolescencia ou que se transforma en grupo musical ou en sagas tan inxenuas como as de Tolkien. A intención aquí e conservar a atención dos espectadores cativos por medio da fabulación e dun sentido máis ben divertido da narración. Crítica de Camilo Franco en "Culturas", de "La Voz de Galicia" (28/07/07).

メディア 書籍     Paperback Book   (ソフトカバーで背表紙を接着した本)
リリース済み 2016年3月7日
ISBN13 9781523214600
出版社 Createspace Independent Publishing Platf
ページ数 76
寸法 127 × 203 × 4 mm   ·   81 g
言語 Galician  

Jacobo Paz Limiaの他の作品を見る

すべて表示