Contos E Lendas Da Lanzada - Alba Nelida Paz Framil - 書籍 - Createspace Independent Publishing Platf - 9781541018891 - 2016年12月10日
カバー画像とタイトルが一致しない場合、正しいのはタイトルです

Contos E Lendas Da Lanzada

価格
¥ 2.648
税抜

遠隔倉庫からの取り寄せ

発送予定日 年9月7日 - 年9月23日
Alba Nelida Paz Framil の新しいリリースのお知らせを受け取る
iMusicのウィッシュリストに追加

まだ評価がありません

EDICIÓN ESPECIAL DÉCIMO ANIVERSARIO Nesta EDICIÓN ESPECIAL celebramos o DÉCIMO ANIVERSARIO da súa publicación con unha nova Lenda, tres novos Contos Fantásticos e dúas Historias de Amor, todos inéditos escritos pola autora e tamén é adicada coma agarimosa homenaxe á grande escritora Alba Paz. LIMIAR Un pescador, o Tío Antón, nun verán chuvioso, entretén aos veraneantes, no bar da praia, contando historias, mitos e lendas locais. As narracións son curtas, agudas, insólitas e máxicas. Alusións ao tempo e a vida do Tío Antón danlle unidade ao libro. Os contos e a interacción amosan as personalidades do Tío Antón e mais o compadre. O ton inicial de comedia decae co personaxe principal e convértese en drama: ao ancián Tío Antón, outrora animador e gran comunicador, na súa vellez ninguén o escoita agás a súa defunta muller. Unha visión mítica do mar inspira historias fantásticas; outras relatan costumes, personaxes e crenzas locais. Téntase plasmar unha estética popular galega de tradición oral sobre o tema da comunicación, e asemade denunciar o illamento e abandono afectivo ao que a sociedade de consumo condena aos vellos. O libro está dirixido a lectores adultos, de gustos e cultura diversos. Consta de 10 partes: I. Contacontos. Presenta os personaxes, o Tío Antón e o compadre, tamén o escenario. O Tío Antón e mais o compadre dan unidade á narración nunha estrutura de novela non usual, aínda que con antecedentes notables na literatura española; os breves diálogos entre ambos subliñan a personalidade de cada un, os contrastes de crenzas, a retranca e inxenuidade, o realismo e a incoherencia, a credulidade e o escepticismo, subxacentes no subconsciente colectivo galego. O escenario é o bar da praia, que por mor de Arturo, elévase a categoría de mítico. II. Tempos Remotos. Lendas de vaga lembranza. III. Históricas. Combinan datos históricos con fantasía. IV. Milagres. Relatan con humor algúns milagres da Virxe. V. Supersticións. Describe ritos e supersticións ancestrais. VI. Relatos. Sobre costumes e anécdotas. VII. Persoeiros. Personaxes e sucesos insólitos VIII. Fantásticas. Contos baseados nunha interpretación mítica do mar e da natureza. IX. De amor. De amor e máxicos. X. Ocaso. O tema é a decadencia e a morte. A despedida na praia e o ánimo do Tío Antón, patente nas historias, introducen o ton de drama e presaxian un tráxico final.

メディア 書籍     Paperback Book   (ソフトカバーで背表紙を接着した本)
リリース済み 2016年12月10日
ISBN13 9781541018891
出版社 Createspace Independent Publishing Platf
ページ数 194
寸法 152 × 229 × 10 mm   ·   267 g
言語 Galician  

Alba Nelida Paz Framilの他の作品を見る

すべて表示